Na xornada de hoxe, seguimos ca formación do curso básico de Protección Civil, con sede no Concello de Dumbría.

Na xornada de hoxe, seguimos ca formación do curso básico de Protección Civil, con sede no Concello de Dumbría, onde os novos voluntarios e voluntarias de CORCUBIÓN, CAMARIÑAS, DUMBRÍA, LAXE, VIMIANZO, FISTERRA e MUXÍA están a realizar a formación teórica e práctica no módulo de comunicación e lexislación, capacitandos en normativa do Sistema Nacional de Protección Civil e os protocolos de radiocomunicación vitais en situacións de crises.

Esta formación está promovida e organizada por AVPC PROTECCIÓN CIVIL MUXIA, co apoio financeiro da Deputación da Coruña e homologada pola Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).

A formación continua é fundamental para seguir mellorando a preparación e a capacidade de resposta do noso voluntariado, reforzando así o servizo que prestamos á cidadanía.

Seguimos apostando pola formación continua para ofrecer un mellor servizo á cidadanía. 💪