Os novos voluntarios e voluntarias de CORCUBIÓN, CAMARIÑAS, DUMBRÍA, LAXE, VIMIANZO, FISTERRA e MUXÍA completaron o módulo de incendios, no que combinaron formación teórica e práctica.
Durante esta sesión abordáronse contidos como a teoría do lume, a clasificación dos incendios segundo o combustible, e o manexo práctico de extintores e mangueiras.
Esta formación permitiu ao alumnado adquirir os coñecementos e habilidades básicas necesarias para intervir con seguridade e eficacia na extinción de lumes incipientes nas súas fases iniciais.
O curso estivo promovido e organizado pola AVPC Protección Civil Muxía, co apoio financeiro da Deputación da Coruña e homologado pola Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).
Con esta última xornada conclúe unha etapa formativa fundamental para a incorporación de novos voluntarios e voluntarias ao servizo de Protección Civil.
A formación continua segue a ser unha peza clave para mellorar a preparación, a capacidade de resposta e a calidade do servizo que prestamos á cidadanía.
Parabéns a todo o alumnado pola súa participación e compromiso, e moito ánimo nesta nova etapa ao servizo da veciñanza.

