Nestes días, moitos romeiros e romeiras achéganse a Muxía camiñando, para vivir os actos litúrxicos previos a Romaría da Barca.
Por iso, pedimos a todas as persoas usuarias das estradas que extremen a precaución.
👉 Condutores/as: reducide a velocidade, mantede a distancia de seguridade e prestade especial atención á presenza de peóns.
👉 Romeiros/as: camiñade con precaución, utilizade chalecos reflectantes e facédevos visibles, especialmente durante a noite.
🤝 Entre todos e todas podemos facer que esta Romaría da Barca sexa unha celebración segura.
💚 Bo camiño!.

