Compartimos unha galería de imaxes do Dispositivo de Risco Previsible (DRP), da Romaría da Virxe da Barca, no que Protección Civil de Muxía participou para contribuír á seguridade e ao bo desenvolvemento dunha das celebracións máis importantes do noso concello.

Foron xornadas de intenso traballo, coordinación e prevención, nas que os distintos efectivos estiveron presentes nos principais puntos e actividades da romaría, prestando apoio e atención ante calquera incidencia que puidese producirse.

Desde Protección Civil de Muxía queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a todas as Agrupacións de Voluntarios de Protección de;

AVPC Laxe

AVPC Ferrol

AVPC Bergondo

AVPC Mazaricos

AVPC Noia

AVPC Camariñas

AVPC Negreira

AVPC Dumbría

AVPC Malpica

AVPC Corcubión,

que se desprazaron ata Muxía para colaborar connosco durante o operativo. 🤝🧡

Queremos poñer especialmente en valor o compromiso da Asociación Provincial de AVPC da Coruña, ao asumir a responsabilidade de coordinar o Dispositivo de Risco Previsible (DRP) durante a Romaría da Virxe da Barca, prestando en todo momento un apoio constante e decidido.

A vosa dispoñibilidade, profesionalidade e compañeirismo son fundamentais para poder afrontar con garantías dispositivos destas características.

Grazas tamén a todos os organismos, servizos e profesionais implicados no operativo e, por suposto, á veciñanza e ás persoas visitantes pola súa colaboración.

Grazas a todas e todos por sumar e por facer equipo.

🚨 Protección Civil Muxía

🧡 Ao servizo da veciñanza