Na xornada de hoxe, sobre as 08:25 H da maña, o equipo de garda foi mobilizado polo 112 Galicia por mor dun incendio que afectou a varios remolques tipo caravana nas instalacións do Camping de Leis, no concello de Muxía.
Ata o lugar desprazouse o equipo de garda co vehículo BUL🚒.
Á súa chegada, os compañeiros do ADC Bombeiros Costa da Morte xa se atopaban realizando as labores de extinción, colaborando o noso persoal nas tarefas do operativo.
Nun primeiro momento, foron os propios usuarios do cámping e veciños da zona os que trataron de sufocar o incendio, empregando os medios dos que dispoñían.
Porén, debido á presenza de materiais altamente inflamables, que favoreceron a rápida propagación das lapas e incrementaron a intensidade do lume, os seus esforzos resultaron insuficientes, facendo imposible controlar e extinguir o incendio cos medios dispoñibles.
✅ Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais, rexistrándose unicamente danos materiais.
🔥 Á rápida intervención, conseguiu evitar que as lapas se propagasen a outros remolques e instalacions que se atopaban nas inmediacións, impedindo así que o incendio adquirise maiores dimensións.
Efectivos intervenientes;
✅ADC BOMBEIROS COSTA DA MORTE.
✅GARDA CIVIL.
✅AVPC PROTECCION CIVIL MUXÍA.
✅ Avpc Camariñas

