Este pasado domingo, os nosos voluntarios e voluntarias, desprazáronse ata o Concello de Fisterra para colaborar cos compañeiros da Agrupación de Protección Civil de Fisterra no desenvolvemento da XI CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE FISTERRA.

🚧 Este pasado domingo, os nosos voluntarios e voluntarias, desprazáronse ata o Concello de Fisterra para colaborar cos compañeiros da Agrupación de Protección Civil de Fisterra no desenvolvemento da XI CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE FISTERRA. 🏅

🤝 No dispositivo de seguridade tamén participaron as agrupacións de #Corcubión, #Mazaricos e #Cee, traballando de maneira coordinada cos efectivos da Policía Local, e a organización, para contribuír á seguridade e ao bo desenvolvemento da proba deportiva.

🧡 Dende Protección Civil queremos agradecer aos compañeiros de Fisterra a confianza depositada en nós e destacar, unha vez máis, a importancia da colaboración e do traballo en equipo entre agrupacións.

💪 Xuntos, sumamos esforzos pola seguridade de todos e todas!